Estación de Bobadilla
Bobadilla | |
---|---|
Situación | Antequera |
Servizos | |
Liñas | |
Longa Distancia | Altaria |
Media distancia | MD |
A estación de Bobadilla é unha estación de tren de Adif situada na localidade de Bobadilla, no municipio de Antequera, na provincia de Málaga, comunidade autónoma de Andalucía. É un importante nó ferroviario da rede no que conflúen tres trazados. Conta con servizos de media distancia operados por Renfe. Cumpre tamén funcións loxísticas.
A súa estación homóloga para servizos de alta velocidade é a estación de Antequera-Santa Ana.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]Debido á súa situación xeográfica en pleno corazón de Andalucía a estación foi paso durante moito tempo paso obrigado das conexións cara á Costa do Sol, cara ao centro peninsular vía Córdoba e dos enlaces transversais entre o oeste e o leste de Andalucía. Máis concretamente Bobadilla forma parte das seguintes liñas férreas de ancho ibérico:
- Liña férrea 420 entre Bobadilla e Alxeciras. pk 0,0.
- Liña férrea 426 entre Fuente de Piedra e Granada, pk 3,3. Este trazado dispón dunha variante que evita o paso por Bobadilla.
- Liña férrea 430 entre Córdoba e Málaga, pk 123,1.
Todos os trazados son de vía única sen electrificar a excepción do que une Córdoba con Málaga que si dispón de electrificación.
Servizos
[editar | editar a fonte]Longa distancia
[editar | editar a fonte]Nesta estación efectuaban parada, ata a súa supresión, os Alaris que unían Barcelona con Málaga e o tren Estrella Málaga-Bilbao, que nos seus últimos anos circulaba principalmente en época festiva. Actualmente esas relacións cóbrenas trens que circulan polas liñas de alta velocidade.
Media distancia
[editar | editar a fonte]O tráfico ferroviario de viaxeiros da estación fórmano os trens de media distancia. Bobadilla permite conexións directas con Sevilla, Málaga, Granada e Alxeciras. Ata o verán de 2013 tamén estaba enlazada con Córdoba vía Puente Genil, ata que a liña foi suprimida. A frecuencia dos trens é relativamente alta, especialmente entre Sevilla e Málaga.
Liña | Trens | Orixe/Destino | Destino/Orixe | |
---|---|---|---|---|
67 | MD | Sevilla-Santa Justa | Málaga-María Zambrano | |
70 | MD | Granada | Alxeciras |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información sobre a estación na páxina de Adif Arquivado 22 de decembro de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)